Sumamos un novo centro educativo ao directorio de RadioEscolas. Desde o IES Félix Muriel de Rianxo, Valentina Formoso cóntanos da emisora posta en marcha polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro. RianxoFala naceu durante o curso 2016/2017 cun programa onde, entre outros, orientadora, director e alumnado falaron da LOMCE e onde se entrevistou ao poeta rianxeiro Gonzalo Hermo.
Este outono abriron xa unha nova edición do proxecto. Parabéns!
Na web podedes escoitar todos os falangullos elaborados polo momento en Radio Rianxo