Susana Rodríguez Gacio e Chano Rodríguez diante dos micros de Radio Vilameán

O alumnado do CEIP Humberto Juanes de Nigrán entrevista a dúas figuras do deporte galego.

Acostumada aos maiores desafíos deportivos, toda unha campioa, Susana Rodríguez Gacio achegouse deica o CEIP Humberto Juanes, en Nigrán, para compartir o seu tempo cos nenos e nenas do centro.

Sabias que a nai de Susana era mestra? “Sempre me andaba un pouco enriba!”, recorda con agarimo a atleta de paso que lles conta das súas lembranzas da etapa no cole en Primaria á rapazada do CEIP Humberto Juanes. E sabedes por que escolleu facer triatlón no canto doutro deporte? E sabedes como é o seu día do seu adestramento? Escoitamos!

E como se fai para ser un campión como Chano Rodríguez? Gústalle o cocido ou as lambonadas? O nadador vigués fala tamén co alumnado da escola. Aquí tedes o vídeo!

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here