Visita ao CEIP Príncipe Felipe en Pontevedra

escolas-nas-ondas-cartel25 rapaces e rapazas de 5º e 6º, que traballaron moito e moi ben.

Moitos dos rapaces de distintas nacionalidades e con acentos moi variados, foron quen de locutar e gravar en galego, os podcasts que levabamos preparados.

É certo o de que fai máis quen quere que quen pode, e estes rapaces demostraronno na mañá do martes. Tiveron que compartir os ordenadores, 3 alumnos por ordenador, e aínda así, remataron os podcasts, todos fixeron, probaron e practicaron co Audacity, e todos saben editar e gravar.

Unha atención exquisita, e un traballo fabuloso. A súa directora, sempre pendente do bo funcionamento dos equipos, da participación dos rapaces e do aproveitamento do obradoiro. Animandoos a aprender todo o posible xa que este curso tentarán arrancar a Radio Escolar. Encantado de traballar e compartir con todos eles.

Un pracer traballar no CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez en Pontevedra.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here