Visita ao IES Alvaro Cunqueiro

obradoiro-alvaro-cunqueiro-vigoEste martes estiven cos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Alvaro Cunqueiro en Vigo.

Fixemos a clase na aula de informática, e tivemos cheo… de feito alguns rapaces tiveron que compartir o ordenador, pero iso non os parou para que aprendesen a gravar e editar audio. De feito, mais da metade dos rapaces, decidiron pasar o seu tempo de descanso, na aula, traballando no podcast…. Así alguns foron quen de remátalo na mañá.

Foron participativos, aínda que lles custou entrar en materia… sobre todo á hora de ler e interpretar en voz alta diante dos seus compañeiros. Neste obradoiro pretendemos que aprendan e non queremos obrigar a ningúen a facer un exercicio que non lles apeteza. Así e todo, á hora de gravar, todos voluntariamente se presentaron ante o micro, e deixaron patente a súa interpretación. Agardamos que teñan ganas de seguir traballando, e nos agasallen con algún novo podcast en vindeiras semanas.

Un pracer traballar no IES Alvaro Cunqueiro.

obradoiro-alvaro-cunqueiro-vigo-2

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here