Visita no CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez

Unha marabilla, chegar e comprobar que o profe xa lles estaba a explicar un pouco do Audacity, mentres agardaban por min.

Foron un grupo moi participativo e traballador. Coma sempre, ao principio costa un pouquiño perdela vergoña, pero unha vez arrancaron, xa non había quen os parase.

Moitos remataron o podcast durante o obradoiro, e o resto, quedaron en rematalo nos seguintes días. Ben, foi moi interesante coñecer estes alumnos de Pontevedra, e tamén moi agradecido ó tutor, xa que todo foron facilidades para con este obradoiro.

Un pracer traballar no CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez en Pontevedra.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here