Visita ó CEIP Pumar Urdilde en Rois

escolas-nas-ondas-cartelVenres de magostos, e no CEIP Pumar Urdilde agardábanme 12 rapaces de 6º que estiveron moi moi atentos e foron moi participativos.

Ata os profes o pasaron ben e aínda se animaron a participar na gravación do podcast. Foron quen de facer os 150 minutos do obradoiro seguidos, xa que despois tiñan o magosto… e a verdade, era unha pena perdelo. Coma case sempre, ó principio cústalles soltarse, pero unha vez pasado a vergoña inicial…

Tivemos auténticos locutores e locutoras que nos deron unha demostración de declamación.

Ben, foi moi interesante coñecer estes alumnos de Pumar Urdilde, e tamén moi agradecido ó director e profesorado, xa que todo foron facilidades para con este obradoiro.

Un pracer traballar no CEIP Pumar Urdilde en Rois.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here