Homenaxe á figura de Jerónimo Sal Lence

Imaxe de finais dos anos 40, cedida por un antigo alumno
O oftalmólogo Jerónimo Sal Lence dalle nome a un centro público da cidade da Coruña, o CEIP Sal Lence, que no presente curso está desenvolvendo un proxecto de formación cuxa temática é a figura deste persoeiro. Ademais da súa profesión principal, cóntanos Rafael Rey Carpente, coordinador Abalar do centro, que Jerónimo Sal Lence estivo comprometido con Galicia e co seu primeiro Estatuto de Autonomía, coa lingua e tamén co nacemento da radio en Galicia.

Parte do traballo que o equipo docente fai co alumnado son uns podcasts que recollen a vida de don Jerónimo e os acontecementos do seu tempo, como o discurso de inauguración do primitivo colexio e a conferencia que no ano 1933 deu en Unión Radio Galicia de Compostela.

Polas características do personaxe, polo seu compromiso coa radio e para dalo a coñecer, o CEIP Sal Lence quixo así estar presente neste Día Mundial da Radio con Ponte… nas Ondas!

Aquí podedes ver mostras do seu magnífico traballo:

Ficción radiofónica co discurso orixinal de inauguración do “GRUPO ESCOLAR TENIENTE MÉDICO SAL LENCE” o 17 de setembro de 1940:

Ficción radiofónica que recolle a conferencia “Radio-Difusión y autonomía gallega”, que pronunciou o oftalmólogo don Jerónimo Sal Lence o venres 3 de febreiro de 1933 na emisora Unión Radio Galicia en Compostela:

Aquí a emisora do centro en SoundCloud que inclúe a biografía radiofónica do persoeiro:

Ligazóns a todas as actividades:

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here