Desde A Estrada achégannos esta peza para o Día Mundial da Radio.
“Para celebrar o Día Mundial da Radio convidamos a Dna. Emérita Rivas, mestra xubilada que estivo durante moitos anos vinculada ao centro, para que nos contase experiencias e recordos persoais relacionados coa radio. Contamos tamén con música en directo, e foi alumnado do centro como Saínza, Carla cos seus clarinetes, e Germán coa súa flauta traveseira os que nos acompañaron ao comezo e ao remate do programa. Acompañaron á nosa convidada Brais (2º), Danna (3º) e Manuel (5º) para que as súas preguntas servisen para coñecer a importancia da radio na vida de Dna. Emérita. Foi unha sesión de radio diferente e sobre pretendiase que o alumnado das diferentes etapas e niveis tivese hoxe un protagonismo especial, deixándonos tamén eles as súas vivencias e impresións. Esperemos que vos guste!”