Presentamos Supercoleondas, “A radio para escoitar cerca do mar”

Emitindo desde o CEIP de Olveira (Ribeira).

Desde Ribeira chéganos nova da intensa actividade diante dos micrófonos do alumnado do CEIP de Olveira (Ribeira). No centro fundouse a emisora “Supercoleondas. A radio para escoitar cerca do mar”.

Temos toda a información no blog da radio: http://bitacoras.ceipdeolveira.org/radio/

E velaquí algunhas mostras dos programas realizados. En primeiro lugar, unha peza especial elaborada para o último Día internacional en contra da violencia de xénero. Coincidindo coa efeméride, o alumnado de 6º de Primaria fixo este programa especial aproveitando a visita do grupo ‘Música miuda’. O espectáculo que trouxeron foi ‘Cambia o conto’ onde se analizan os estereotipos de xénero nos contos populares.

Máis recentemente fixeron unha escolma de entrevistas ficticias. Aquí podemos escoitar a de Millie Boby Brown.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here