Rufo Soños emitindo para o Día Mundial da Radio 2020

A emisora escolar do CEIP de Celeiro realizou un programa especial polo Día Mundial da Radio.

Aproveitando o tema da diversidade, o equipo formado por Yeray, Nicolás, Mireya, Mar e Pedro Gil, preparaou un programa especial dedicado a esta celebración e ao tema da diversidade. Cóntanos que o centro, desde hai tempo, a escola ten alumnado, familias e profesorado doutros países como Venezuela, Brasil, Colombia, República Dominicana, Marrocos, Romanía, Portugal, Eritrea, Estados Unidos… e tamén doutras etnias e doutras confesións relixiosas

“Contamos coa visita de Melisa Lauro, a nosa auxiliar de conversa, que procede de New Jersy; tamén coa nai de Patrik, Ionela Marcela, que procede de Romanía e por último tres compañeiros e compañeiras que leron uns poemas nas súas linguas natais”.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here